TARUGOTÓN: I Recollida Simultánea de paus de batea en Galiza

Compartir:

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Fecha inicio: 31/01/2025
-
Fecha límite: 02/02/2025

Únete á I Recollida Simultánea de paus de batea en Galiza! Unha actividade impulsada por ADEGA, Limpiarousa, Surfrider España e ProxectoaMARte para recoller tarugos, cada vez máis presentes no noso litoral, e axudar así a conservar o medio mariño.

🗓️ Fin de semana do 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro.
📍 Como participar?

1. Podes inscribirte ás limpezas organizadas por estas catro entidades:

-Praias de Ferrol: Doniños · 31 de xaneiro / San Xurxo · 1 de febreiro / Santa Comba · 2 de febreiro (máis info e inscricións: proxectoamarte@gmail.com).

-Praias de Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía, Rianxo e O Grove: durante o 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro (máis info e inscricións: limpiarousa@gmail.com).

-Praias de Muros: Area Maior · 1 de febreiro / Ancoradoiro · 1 de febreiro (máis info e inscricións: itziar@adega.gal).

**Para coñecer detalles das limpezas (horas, punto de quedada…) e para inscribirte, ponte en contacto coas direccións de correo correspondentes.

2. Podes desenvolver a acción na túa praia máis próxima. Como? É moi sinxelo:

  1. Escolle o día (31 de xaneiro, 1 ou 2 de febreiro) e o lugar onde vas realizar a limpeza, soamente dunha hora de duración.
  2. Recolle o maior número de tarugos que poidas. Achéganos os resultados da recollida NESTE FORMULARIO, para contar con datos sobre a incidencia deste residuo nas nosas costas.
  3. Unha vez feito, deposítaos no colector correspondente. Lembra que non son envases lixeiros! Tamén poderías gardalos para entregar ás compas de Limpiarousa.

Non esquezas etiquetarnos nas túas fotos e vídeos e utiliza o cancelo #tarugotón25.

Cantos tarugos podemos recoller nunha hora? Súmate ao reto! O noso mar agradecerao!

Ligazóns

¿Tienes alguna consulta o estás interesado?

Rellena el siguiente formulario y nos pondremos en contacto

    Acepto la política de privacidad *.

    [anr_nocaptcha g-recaptcha-response]

    INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

    Responsable: CETMAR

    Finalidad: Brindarte la mejor experiencia posible cuando adquieras nuestros productos y utilices nuestros servicios.

    Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal.

    Plazo de conservación de los datos: Hasta que no solicites su supresión.

    Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos recogidos en nuestra política de privacidad.

    Explorar más